TEATRO ACTUAL
Alejandra, unha artista de 79 anos de idade, enfróntase á súa familia polo lugar onde vai pasar o resto dos anos que lle quedan de vida. Ao seu favor ten o seu enxeño, a súa paixón pola vida e unha barricada que creou na porta da súa casa con suficientes cócteles molotov para afundir o bloque enteiro. Pero os seus fillos teñen a súa propia arma secreta: o seu fillo máis novo, Cris, que regresa despois de 20 anos de ausencia aparecendo a través da xanela do segundo piso no que vive Alejandra para converterse nun mediador in extremis da familia.
Apenas pronuncia as palabras "Ola", "mamá" cando as bombas emocionáis comezan a explotar.
"La velocidad del otoño" é unha obra mordaz, divertida e profundamente conmovedora acerca da fraxilidade e frugalidade da vida.
*Espectáculo en período de reserva de aboados, venda ao público xeral a partir do Venres 28 de Xullo.
**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da taquilla do Pazo da Cultura de Narón.
+info 981 102 897
REPARTO
Lola Herrera
Juanjo Artero
EQUIPO ARTÍSTICO E TÉCNICO
Autor: Eric Coble
Dirección e espazo escénico: Magüi Mira
Versión: Bernabé Rico
Iluminación: José Manuel Guerra