LA HABITACIÓN DE MARÍA

DATOS BÁSICOS

LA HABITACIÓN DE MARÍA - FESTIVAL SINGULAR 2021

A soada escritora Isabel Chacón cumpre hoxe 80 anos. A flamante gañadora do Premio Planeta, que non puido recoller en persoa pola agorafobia que sofre, celebra hoxe o seu aniversario sen ningún tipo de acto público, nin familiar, como vén sendo habitual nos últimos anos.

Son 43 anos en concreto os que Chacón leva recluída no seu domicilio pola súa condición, a planta 47 dun rañaceos madrileño que converteu na súa fortaleza e onde todo o que necesita (comida, roupa, medicamentos...) élle levado a casa.

Esa noite prodúcese un incendio e todos os inquilinos son obrigados a evacuar o inmoble. Pero para Isabel isto é imposible, sinxelamente non pode saír de casa.

A medida que as chamas van chegando á azotea, exactamente durante 75 minutos, Isabel terá que tomar a decisión máis importante da súa vida afrontando cun intelixente sentido do humor os seus medos, as súas pantasmas, e todos os traumas da súa vida que a levaron a esta encrucillada, antes de que sexa demasiado tarde...

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA E 10 MIN
Prezos: 
Público xeral 16€ / Tarifa reducida 11.20€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATÉ O 28 DE DECEMBRO DE 2020 INCLUSIVE

VENTA XERAL A PARTIR DO 29 DE DECEMBRO 2020

*Prezos:

-Tarifa público xeral: 16.00€

-Tarifa reducida: 11.20€ - para desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), menores de 14 anos

-Tarifa abonad@s: 11.20€  - para abonados / as

 

*A venda de entradas con tarifa reducida farase unicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

+ INFO 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 6 de Marzo de 2021 20:00