A ESTACIÓN MÁXICA
O SHOW
Amence, e como cada día a tranquilidade reina nesta antiga estación de tren.
Don Búho disponse a facer a súa rolda diaria para asegurarse de que todo segue en orde na súa estación, aínda que ata onde a súa memoria logra lembrar, nunca ocorreu nada extraordinario. Con todo, o día de Noiteboa algo inesperado está por suceder...
De lonxe o son dun tren rompe o silencio da mañá e en cuestión de minutos xa son varios os personaxes da cidade que se achegan, movidos pola curiosidade. Un tren chegou e con el, un elegante Maquinista que, non máis baixar, comeza a organizar e dar indicacións a uns peculiares pasaxeiros: acróbatas, músicos, unha Adiviña, o Home forzudo, un domador... baixan unha infinidade de petates, aparatos e equipaxes porque o Circo pasará nesta máxica estación a véspera do Nadal.
Pero, e a árbore?. Se non aparece non poderán celebrar a noite máis esperada do ano. Don Búho e os seus fieis axudantes axudarán a esta compañía para comprender que o importante do nadal non son os agasallos nin a árbore de nadal , senón a bondade e a maxia que vive en cada un de nós, e a fortuna de ter con quen compartila.