TEATRO CONTEMPORÁNEO
Hai sesenta e sete anos da estrea da "Cantante Calva", obra dun autor novo e descoñecido ao que, segundo el, non lle gustaba o teatro. Eugène Ionesco estreaba a que, podería dicirse, converteríase automáticamente nunha obra culmen do teatro do século vinte e unha das obras máis representativas do chamado teatro do absurdo. Unha gran comedia que é en sí mesma unha gran traxedia. Así a cualificou o seu autor, aínda perplexo por escoitar as risas do público de París a noite da estrea.
Unha obra que naceu a partir das sentenzas reveladoras dun manual para aprender inglés e que rebelan o noso automatismo colectivo, unha obra que a través dos seus sinsentidos é un fiel reflexo das sociedades modernas e mostran o absurdo das nosas accións que enchen o día a día.
Unha obra de ampla visión de futuro.
Lendo a Ionesco descobres a mirada estraña dun neno, un neno que mira ao seu redor e que non entende a forma de ser e de estar vivos.