KYOKI

  • Infantil
DATOS BÁSICOS

FAMILIAR E INFANTIL (a partir de 5 anos) - FESTIVAL SINGULAR

KYOKI vai destinado ao público infantil e familiar a partir dos 5 anos. O espectáculo trata a temática da memoria, da vellez, da demencia, da soidade e da dura e esixente tarefa de coidar as persoas maiores e enfermas.

A través dunha linguaxe xestual impulsada pola interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo evoca múltiples situacións e personaxes que dun xeito ou doutro todas as persoas podemos recoñecer.

KYOKI significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita verificarse en persoas de idade avanzada, mais quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés? Ou saíu de casa atrasado para o cole sen peitear o cabelo?

KYOKI retrata un deses días catastróficos, mais é tamén unha homenaxe a todas as persoas maiores que asisten cada día ó proceso implacable da declinación das súas capacidades vitais

PREZOS

2025-03-16 - 18:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 6,65 €
  • Nenos e nenas: 5,50 €
  • Público xeral: 9,50 €
FICHA ARTÍSTICA

Autor  María Torres e Gonçalo Guerreiro

Dirección Gonçalo Guerreiro

Adaptación  María Torres e Gonçalo Guerreiro

Escenografía Gonçalo Guerreiro

Deseño son  Manuel Fonte

Deseño iluminación Nacho Martín

Vestiario Carolina Díguele

Música  Manuel Fonte

Coreografía  María Torres e Gonçalo Guerreiro

Elenco artístico María Torres, Mario Rodriguez