JIM E A ILLA DO TESOURO

  • Infantil
DATOS BÁSICOS

Jim e a Illa do Tesouro é unha peza cunha linguaxe estética moi coidada en que actores e monicreques aparecen en escena nunha simbiose perfecta, chea de acción, de música e arroupada por unha atmosfera que nos traslada inmediatamente a un mundo fantástico e aventureiro.

Música, acción, liortas, humor, piratas desapiadados, piratas parvos, pernas de pau, parches no ollo, papagaios, cancións corsarias, un tesouro agochado, unha illa remota e unha busca chea de aventuras. Jim e a Illa do Tesouro conserva todos os elementos que fixeron da peza de Stevenson o maior clásico das novelas de aventuras e unha fonte de inspiración para posteriores filmes, obras de teatro, bandas deseñadas e novelas de temática pirata.

Sinopse

O pequeno e valente Jim Hawkins rexenta co seu pai unha pequena pousada na costa de Inglaterra. Diante do mar soña con vivir aventuras e converterse nun gran mariño. E abofé que o fará! O destino fai que chegue ás súas mans o mapa do tesouro do pirata Flint, para deste xeito, comezar a viaxe á Illa do Tesouro. Unha viaxe onde Jim navegará por medio mundo, vivirá múltiples aventuras, cruzarase con temibles piratas (quizais non tan temibles) e descubrirá unha amizade eterna.

PREZOS

ABONADOS: 6.65€

PÚBLICO XERAL: 9.50€

A venta a precio reducido farase únicamnete a través da billeteira do Pazo da Cultura.

XÁ Á VENTA

FICHA ARTÍSTICA

Autor :JOKIN OREGI, ÁLEX DÍAZ MONSALVE E JAVI TIRADO

Dirección: ÁLEX DÍAZ MONSALVE E JAVI TIRADO

Adaptación: SANDRA ROMARÍS E XOCAS LÓPEZ

Escenografía: JAVI TIRADO

Deseño son: ANXO GRAÑA

Deseño iluminacion : ANXO GRAÑA

Vestiario: MARI SEOANE

Música: SANTIAGO RAMOS

Elenco artístico: 

ROCÍO GONZÁLEZ 

TONI SALGADO

 

MULTIMEDIA