IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER

DATOS BÁSICOS

TEATRO UNIPERSONAL

Iphixenia, unha nini de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Unha noite coñece a un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación estraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará á protagonista a sufrir unha grande perda.

 

Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar aos deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara a sociedade que a marxina.

 

Interpretación: ALBA CANEDA

Dirección escénica: SARA REY SEOANE

Espazo escénico: AS DÚAS EN PUNTO (C. Casal e Mª Torres)

Iluminación: AS DÚAS EN PUNTO (C. Casal e Mª Torres)

Vestiario: COMPAÑÍA HUMANA

Son: COMPAÑÍA HUMANA

Texto orixinal: GARY OWEN

Tradución ó galego: COMPAÑÍA HUMANA

Adaptación: FRAN PELETEIRO e ALBA CANEDA

PREZOS

2023-03-17 - 20:30:

  • ABONADOS: 6,65 €
  • REDUCIDA: 6,65 €
  • PÚBLICO XERAL: 9,50 €

FESTIVAL SINGULAR