INTRÉPIDO VIAJE A VELOCIDAD CERO

  • Música
  • Folk
DATOS BÁSICOS

INTRÉPIDO VIAJE A VELOCIDAD CERO

Lúdica e festiva, xovial, rebosante de enerxía. Así podería definirse a música de OMBLIGO, proxecto musical impulsado polos madrileños Anika e Ángel Cáceres que parece mergullarse no universo gypsy propio dos Balcáns. A fusión é algo inherente no quefacer desta parella de virtuosos, pois a ese folclore balcánico únense o bolero e o swing con certos toques de jazz contemporáneo.

Toda esa mestura permite ao oínte penetrar nunha viaxe polo mundo a través das súas cancións. É un periplo emocional e sensorial, pero tamén, e dalgún modo, físico, grazas ao seu violín e a súa guitarra, elementos chave nun universo persoal que en directo se expande coa suma de contrabaixo, cello, frauta, táboa de lavar e percusións. Influenciados por míticas bandas como King Crimson ou Cuarteto Quiroga, a súa música de carácter progresivo non ten límites e transmite unha alegría exuberante que é máis necesaria que nunca nestes tempos de incerteza.

PREZOS

2024-11-08 - 20:30:

  • Abonados: 8,40 €
  • Público xeral: 12,00 €
  • Desempregado - carné xove ou estudante ( ata 25 anos) : 8,40 €