HELLEN KELLER, A MULLER MARABILLA? - TEATRO CONTEMPORÁNEO - GALEGO
Tuscumbia (Alabama), convértese nunha celebridade mundial ao ser a primeira persoa xordo-cega en obter un título universitario en 1904 en Harvard, despois dun duro proceso de aprendizaxe desde os sete anos. Polo menos esta é a parte da súa vida que fica na memoria colectiva, como un exemplo de superación da discapacidade.
Pero ao investigar en varios arquivos dixitais norteamericanos imos descubrindo outras facetas desconcertantes da súa vida, que son sistematicamente ocultadas. E o máis sorpredente: nos últimos anos espállase polas redes sociais unha campaña que afirma que os logros de Helen
Keller son falsos, incluíndo unha petición en charge.org para eliminala da historia.
Este negacionismo actual desencadea a curiosidade necesaria para abordar a súa historia e compartila co público. Por que se oculta parte da súa vida? A quen lle interesa facelo? Por que queren eliminala da historia? Porque é unha muller, xorda e cega? Porque non se acepta que unha das persoas máis famosas do século XX en EE.UU. sexa comunista? Porque unha muller con discapacidade non se pode converter nunha líder anticapitalista?
Son preguntas que tratan sobre a posibilidade da rebeldía e a disidencia na nosa sociedade. Sobre a posibilidade de ser considerada unha muller marabillosa e ao mesmo tempo poder vivir simplemente como unha muller independente e autónoma. Sobre a posibilidade de aceptar que sexa unha muller xorda quen rache os silencios sociais ou que sexa unha muller cega quen abra os ollos da sociedade diante da inxustiza que nos rodea.