HANSEL E GRETEL

  • Infantil
DATOS BÁSICOS

COMEDIA MUSICAL - Idioma galego

Hansel e Gretel son dous irmáns que se propoñen axudar ao seu pai que quedou no paro. Aventurándose no bosque para buscar alimentos, no seu camiño atópanse cunha bruxa prestamista que se interporá nos seus obxectivos, apresando nunha gaiola ao irmán para comelo e tratando de escravizar á irmá. Aparecen dous seres maxicotecnolóxicos que axudan os nosos amigos a vencer a bruxa e rematar coa pobreza.

É unha crítica tamén á situación actual. A bruxa é unha prestamista que se enriquece endebedando aos demais, e que se aproveita dos máis desfavorecidos. E todo isto en musical.

Quererás vir cantar e bailar con nós?

 

PREZOS

Prezos:

*Tarifa abonad@s: 6.65€

*Tarifa público xeral: 9.50€

*Tarifa reducida: 6.65€ (con Carné Xove ou de estudante (ata 24 anos), desempregad@s)

*Tarifa nen@s: 5.50€ (menores de 14 anos)

 

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do mércores 21 de agosto.

***A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

+info 981 102 897

FICHA ARTÍSTICA

Martín Maez como Hansel.
Rocío Salgado como Gretel.
Jonathán Caramés como pai e peque.
Marcos Alonso como bruxa prestamista.
Fernanda Barrio como Recho.