HAMELÍN
“Era unha vez unha bela cidade chamada Hamelín. A cidade encheuse de ratas. Ata que alguén fixo soar unha fermosa música”.
A versión áspera do conto é máis verosímil e parécese máis ao mundo no que vivimos. No noso mundo, os nenos son os primeiros que pagan. Pagan os vicios dos maiores, as mentiras dos maiores. Neste sentido, o Hamelín que non sabe protexer aos seus nenos é como moitas cidades do noso mundo.
Mayorga aborda o tema da pederastia cunha linguaxe e escenas cheas de elipses, onde as cousas quedan aludidas, onde o espectador debe poñer da súa parte para interpretar, para imaxinar, para encher os silencios.
Juan Mayorga aborda o tema dunha maneira moi sutil, os silencios dos personaxes encerran grandes verdades, evita unha linguaxe soez e opta por un espectador activo que imaxine máis aló do que se mostra en escena.
Este texto galardoado co Premio Max en 2006, supuxo a consagración definitiva do seu autor Juan Mayorga, Premio Princesa de Asturias das Letras neste ano 2022.