GOSPEL

DATOS BÁSICOS

GOSPEL

Nova Orleans e os SPIRIT OF NEW ORLEANS GOSPEL CHOIR son formas distintas de dicir o mesmo. A esencia histórica da cidade, o 9th Ward ou Distrito 9, é o ámbito onde naceron física e profesionalmente os compoñentes de SONOGC e crecer no 9 déixache marcado para sempre.

Será por iso que onde queira que van levan consigo a música da súa cidade, o seu ritmo de second line, a súa pulsación funky, o seu son R& B, todo o que define o gospel da cidade das cancións .

Empezaron a súa carreira profesional autónoma a mediados dos ´90. O seu primeiro CD, “ Take Me, Use Me”, gravárono en 1995 co selo emblemático da cidade de Nova Orleans, Rampart Street Music. Selo que tamén produciu o seu último traballo ata o momento, “9 th Ward Revival”, un canto cheo de nostalxia dedicado ao mundo de antes do Katrina.

A relación de grandes artistas cos que traballaron os SONOGC é moi extensa e inclúe a grandes da escena como Yolanda Adams, Thelma Houston, Bryan Adams, Earth Wind & Fire, Kirk Franklin, a diva do blues de Nova Orleans Marva Wright, o multipremiado Jon Batiches e a banda pop alemá PUR.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA 30 MIN
Prezos: 
Público xeral: 12,00 € Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 8,40 €
Información da billeteira: 

Público xeral: 12,00 €

Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 8,40 €

Funcións: 
Xoves, 23 de Decembro de 2021 20:30