O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Presentación
Novas
As salas
Perfil anterior a xaneiro de 2019
Perfil posterior a xaneiro de 2019
TEATRO - DOCUMENTO
"Goldi libre" é un traballo de teatro documento sobre o movemento de insubmisión, un dos primeiros e máis fortes movementos de desobediencia civil xurdidos despois da Transición en España, que levou a centos de xoves ao cárcere como presos de conciencia e que tivo como consecuencia inmediata a suspensión do servicio militar obrigatorio despois de máis de 150 anos de vixencia. Un traballo feito a partir da memoria, a experiencia persoal e o testemuño de César Goldi, veciño de Teo e actor que en 1933 foi xulgado e condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión por negarse a realizar tanto o servicio militar como a prestación social sustitutoria, cumprindo a condena no cárcere da Coruña. Dende unha perspectiva autocrítica, distanciada e irreverente, a obra ofrece ademais unha panorámica desenfadada do activismo social e político da esquerda dos anos 80 e 90 do século XX, cuestionando algúns dos mitos da loita antimilitarista. Trátase por tanto de conectar a memoria individual coa memoria colectiva dunha xeración e co imaxinario dunha época a través dun dispositivo especificamente teatral.
*Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do Venres 28 de xullo.
**A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón.
+info 981 102 897
En escena: César Goldi
Dramaturxia, dirección: Xron
Xefa de produción / asistenta de dirección: Patricia de Lorenzo
Escrita: César Goldi, Xron, Manuel Cortés
Escenografía / atrezzo / vestiario: Berberecheira
Deseño de iluminación: Fidel Vázquez
Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo
Comunicación: Xana García