GALICIAN MAGIC FEST

  • Outros
DATOS BÁSICOS

GALICIAN MAGIC FEST - FESTIVAL INTERNACIONAL DE ILUSIONISMO DE GALICIA

Un dos piares fundamentais do Festival Internacional de Ilusionismo Galicia Magic Fest é ofrecer ao público galego unha inmersión completa na vasta e fascinante arte da maxia, explorando as súas múltiples especialidades. Desde as grandes ilusións ata a micromaxia, pasando pola maxia cómica, a manipulación ou o mentalismo, o noso festival comprácese de presentar un abano de talentos que demostran a riqueza desta disciplina milenaria. Pero o noso compromiso vai máis aló da diversidade de xéneros.

En Galicia Magic Fest, tamén apostamos firmemente pola visibilidade e o recoñecemento do inmenso talento feminino no ilusionismo, traendo a Galicia a magas de prestixio mundial que marcaron un antes e un despois na historia desta arte.

Nesta edición, estamos de parabéns e celebramos un fito que, pola súa dificultade e pola apertada axenda da artista, foi un auténtico logro para o festival. Desde Las Vegas, con nacionalidade canadense pero raíces chinesas, comprácenos anunciar a participación dunha auténtica lenda viva, a que é indiscutiblemente a mellor maga do mundo na especialidade de manipulación e a primeira muller en gañar un premio mundial de maxia (FISM): JULIANA CHEN STUART MACDONALD (EE.UU.). Unha das figuras máis carismáticas e premiadas da maxia cómica a nivel internacional.

MIRKO CALLACI (ARXENTINA). Un comunicador excepcional e mestre da ilusión global.

MAGUS UTOPIA (HOLANDA). Liderada por Marcel Kalisvaart, un ilusionista de fantasía e visionario coreógrafo, Magus Utopia é moito máis que un acto de maxia tradicional. Son unha troupe de doce artistas que fusionan o ilusionismo coa danza, a acrobacia e unha estética escura e cinematográfica.

PEDRO VOLTA (ESPAÑA). O ilusionista galego á fronte da maxia internacional. A carreira de Pedro Volta é un testemuño da súa dedicación e talento, con logros que abarcan desde a dirección artística de grandes producións ata a asesoría de televisión e actuacións en escenarios de prestixio internacional.

PREZOS

2025-12-29 - 20:30:

  • Patio xeral: Desde 22,00 € a, 24,00 €
  • Planta 1: Desde 18,00 € a, 20,00 €
  • Planta 2: Desde 18,00 € a, 20,00 €