FUNAMVILOLISTAS: CONTRAESCENA

DATOS BÁSICOS

"ContraEscena" é o novo espectáculo creado e producido pola compañia Funamvilonistas. Nesta ocasión, elas revélannos os segredos de que sudece entre bastidores. As intimidades de tres artistas itinerantes presentando o seu show de teatro musical.

Mediante una enxeñosa interpretación instrumental,vocal e xestual, "ContraEscena"debuxaen clave cómica e dramática as reviravoltas de tres mulleres artistas en xira ante o reto de conciliar as suas responsabilidades,dúbidas e aspiracións persoais coa inescusable convivencia entre elas. Pronto se comproba que son moi distintas polas súas debilidades, temores e teimas. E con todo , aldo parece unilas inquebrantablemente.

A alegría do bo humor e a reconciliación impóñense finalmente en "ContraEscena". Unha comedia intelixente para lembrarnos que ao final do camiño quédanos o bo sabor de rir e gozar desta gran función, a vida, onde todos somos coprotagonitas.

PREZOS

*PREZOS:

- TARIFA PÚBLICO XERAL: 9.50€

- TARIFA REDUCIDA: 6.65€ - para abonad@s, desempregad@s, con Carné Xove o de estudante (ata 25 anos)

 

* A venta de entradas de tarifa reducida é únicamente a través da taquilla do Pazo de Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

Teléfono de atención 981 102 897