FLORES DE FERRO

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

FLORES DE FERRO - ESCOLA DE TEATRO MELANDRAINAS

O guión teatral/audiovisual de "Flores de ferro", amósanos en primeira persoa as vivenzas dunha moza (Camila) que a finais dos anos oitenta vese obrigada, por necesidades familiares, a regresar a súa aldea materna. Unha vez alí, as circunstancias a levarán a coñecer de primeira man a verdadeira historia da súa familia e polo tanto, a súa propia. Unha historia descoñecida ata ese intre para ela pero da que xa non poderá escapar.

"Nun tempo de represión, mentiras e traizón no que a única linguaxe era o silencio, xurdiron as "flores de ferro", mulleres valentes e fortes que loitaron por termar do seu universo axotado polo medo.Para elas vai esta obra co fin de darlles a voz que no seu tempo lles roubaron.

PREZOS

2023-10-22 - 19:30:

ENTRADA DE BALDE