FILTRO - TEATRO DOCUMENTAL - CASTELÁN
A obra, centrada nos feitos ocorridos en 1994 en Montevideo -cando a extradición de cidadáns vascos acusados de pertencer a ETA provocou unha manifestación masiva e unha brutal represión policial, coñecida como os - Sucesos do Hospital Filtro - busca non só lembrar o episodio histórico, senón reflexionar sobre temas como o asilo político, a xustiza e a solidariedade internacional.
Unha peza de teatro documental que toma como referencia materiais como a transcrición da cámara dos representantes, extractos do xuízo, libros, material audiovisual documental, diarios e xornais, entrevistas etc.