FAROS
Refachos que nos lembran dende a escuridade unha ausencia, un cheiro, unha vella dirección, un novo soño, un medo, unha risa, un nome.
Refachos aos que un se aferra como á vida, sen ánimo de soltala, de perdela, de desperdiciala.
Refachos que nos indican onde está o continente, polo que sabemos que está preto, ou polo menos onde.
Historias dos perdidos no río, dos atopados na beira, de pedras sen memoria.
FAROS que nos achegan, que nos seducen, que nos mergullan.
FAROS. Non te perdas.