ESTRELA DO DÍA

DATOS BÁSICOS

ESTRELA DO DÍA

Sabías que se conservan mais de 400 milagres de Santa María, en códices do século XIII... en galego?

Sabías que a Divina Señora adquiría as formas máis sorprendentes para axudar ás persoas infelices que llo pedían?

Sabías que nos tempos de medo e incerteza que estamos a vivir, hai millóns de persoas que siguen a pedir un milagre de María, a Estrela Matutina?

Sabías que a maioría dos milagres da Señora serían hoxe condenados pola igrexa e perseguidos polo código penal?

Para contar todas estas cousas, P.T. Excéntricas apresenta, ESTRELA DO DÍA, unha comedia divina, chea de cor, de música, de misterio e de humor. A palabra poética dos códices foxe do libro e encárnase na escena. As personaxes saen das miniaturas medievais e chegan aos nosos días EXCENTRICAS lanza un novo espectáculo para iluminar estes sombríos tempos de escuridade e desánimo. STRELA DO DÍA virá alumar os nosos corazóns con toda a divina parafernalia do teatro: a música e a comedia, a sorpresa e a cor, a emoción e a fortaleza. En definitiva, a invención dun novo mundo diante dos nosos ollos. Unha visión actualizada dos milagres de santa María aplicados aos problemas actuais (asombrosamente parecidos aos daquel século XIII). Voltarán a desfilar diante dosnosos ollos, neste retábulo do século XX, os soldados que foxen da guerra, a mociña obrigada a casar con quen non quere, os que expulsados dos seus lares son amoreados como gado, os presos por roubar comida, a monxa que foxe do convento, o que cansado deste mundo, quere vivir noutro sen morrer, o que perde unha pelota e daría o que ten para seguir xogando, a que foxe da manda de brutos que a acosan, os que perden a compaña do animal que preferen calquera humano, a que procura a curación da enfermidade mortal... Dramas resolvidos pola intervención milagreira de María con aparicións dignas da mellor vedette de varietés.

PREZOS

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATÉ O 4 DE MARZO

VENTA PÚBLICO XERAL A PARTIR DO 5 DE MARZO

A VENTA DE LOCALIDADES A TARIFA REDUCIDA FARASE ÚNICAMENTE NO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO DA CULTURA

FICHA ARTÍSTICA

EVARISTO CALVO, ROCÍO GONZÁLEZ, VÍCTOR MOSQUEIRA e PATRICIA VÁZQUEZ.