TEATRO CONTEMPORÁNEO - ESTREA!!!
Estado de graza: Epifanía da mala filla.
A difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas. O duro enfrontamento entre unha xeración dominada pola beatería máis contumaz e a seguinte coa liberdade por bandeira. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta case imposible liberarse dese xugo. No tardo - franquismo, seguramente o momento histórico en que dúas xeracións consecutivas estiveron máis distantes ideoloxicamente, catro mulleres loitan por establecer o seu lugar no mundo.
No ano da morte de Franco, unha moza regresa a súa casa natal despois de pasarse catorce anos sen dar sinais de vida. Acompáñaa a súa filla autista. A súa chegada revoluciona o monótono vivir das dúas beatas que habitan a casa, a súa nai é unha criada que a acompaña na vida e nos rezos. Ao mesmo tempo que agoniza o dictador, agoniza unha forma de vivir, de sentir a relixión e de estar na sociedade.