TEATRO DO ABSURDO
Godot é hoxe en día máis que unha obra de teatro, un clásico do século XX. Forma parte da imaxinación colectiva. A forza, o humor, a poesía, a tenrura, a dor, a risa que nos transmite esta obra, metáfora da vulnerabilidade e a coraxe do ser humano, seguen vixentes. O público merece ver representada esta marabilla. Unha obra que Beckett definiu como horriblemente cómica.
Dous amigos, case irmáns, unha estraña parella que mentres están a esperar, falan, discuten, xogan, se desafían, reconcílianse, ámanse, repélense. Chega outra estraña parella, aínda máis estraña, o xogo diversifícase. Godot non chega, pero chega o seu emisario. Dioivos de humanidade en personaxes desamparados, errantes, desacoplados, que nos lembran que o ser humano, aínda en situacións moi difíciles, é capaz de levantarse ou polo menos como fai Estragón no final da obra, de volverse a poñer os pantalóns, que, a falta de cinto, átase cunha humilde corda.
Un espectáculo fundamentado na humanidade e comicidade dos seus sensacionais actores, na palabra e o espazo, na poesía e o humor.