ENDATERRA

  • Danza
  • Tradicional
DATOS BÁSICOS

ENDATERRA

“Endaterra” é un novidoso espectáculo de música e baile tradicional de Galicia no que se fusionan distintas artes escénicas como son o baile e a música tradicional galega (melódica e vocal) e o teatro. Conta cunha banda sonora única, composta en exclusiva para este espectáculo, e cunha singular producción audiovisual creando unha paisaxe sonora e visual mediante imaxes e sonidos naturais do camiño Todo isto fai de "Endaterra" un espectáculo único e exclusivo, non podendo comparalo con outro espectáculo etnográfico realizado ata o momento.

"Endaterra" é percorrido que une a cultura tradicional das dúas rutas menos exploradas de Galicia: O Camiño Inglés e o Camiño a Fisterra-Muxía, facendo un traballo de investigación, polo miúdo, dos bailes de divertimento, danzas, cancións, melodías, traxes e tradicións dos 18 concellos polos que transcorren os dous camiños que acaban unidos nun só. O material etnográfico que se utiliza é o xa existente no arquivo do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina, froito do seu traballo de recollida de campo durante os máis de 40 anos de traxectoria, e que abrangue os concellos de: A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Abegondo, Ordes, Mesía, Oroso, Dumbría, Santiago, Ames, Negreira, Mazaricos, Cee, Corcubión, Fisterra e Muxía.

 

Director-Coreógrafo: Henrique Peón Mosteiro

Deseño de Luz: Santiago Mañasco

Imaxes: Antón Cabaleiro

Banda sonora: Ismael Marcos e Francisco Barcia

Asistente dramaturxia teatral: Susana Crespo

Teatro: Izquierdo Sisters (Lucía Veiga e Marita Martínez)

Corpo de baile: Xacarandaina

Grupo instrumental: Xacarandaina

Grupo vocal: Pandereteiras Xacarandaina e "Os do Fondo da Barra"

Coro: Xacarandaina

PREZOS

2023-02-04 - 20:00:

  • ABONADOS: 6,65 €
  • PÚBLICO XERAL: 9,50 €
  • DESEMPREGADOS, CARNÉ XOVE OU ESTUDANTE ( ATA 25 ANOS ): 6,65 €

VENDA LIBRE A PARTIR DO 23 DE DECEMBRO