ESTREA!!!
DANZA CONTEPORÁNEA PARA TODOS OS PÚBLICOS A PARTIR DE 8 ANOS
Emoticores é a nova proposta de danza de Cristina Montero & Rut Balbís, Las Tricotouses, para o público máis novo, concretamente para rapazas e rapaces de segundo ciclo de primaria (8-12 anos).
COR E PSICOLOXÍA
Ao igual que os adultos, os rapaces necesitan espazos onde recoñecerse e expresarse afectiva e emocionalmente. É imporrtante que a escola proporcione estes lugares de contacto e de expresión e así, camiñar cara un modelo educativo máis integrador, humano e creativo.
Neste sentido, o traballo coas cores preséntase como excelente ferramenta para ilustrar e recoñecer aqueles espazos emocionais que precisan ser expresados e atendidos. As cores, as formas, o movemento... son a linguaxe do inconsciente onde reside o emocional, onde ás veces non chega a palabra.
A concepción do espazo escénico está baseado no traballo coas cores a través da iluminación, para conseguir unha estética sinxela que ao mesmo tempo sexa visual e atractiva para as nenas e os nenos.