INFANTIL A PARTIR DE 6 ANOS
Os deuses gregos moraban no cume do monte Olimpo e gobernaban sobre os seres humanos influíndoos na súa protección ou no seu abandono.
Algúns homes eran quen de desafiar os seus caprichos e foron vítimas da súa rabia, como no caso de Ulises, que ao ofender a Poseidón deixando cego ao seu fillo Polifemo, impídelle volver a Ítaca deixándoo andar sen rumbo por todo o mar Mediterráneo.
A historia de Ulises é a historia da viaxe como metáfora da vida, a loita contra as dificultades e o xeito de resolvelas. Unha viaxe chea de aventuras únicas e xogos compartidos onde cada acto, cada escena, é un universo en si mesmo.
Podemos pedirlle a Ulises que nos deixe seguilo na busca da súa Ítaca, agardando con iso atopar tamén a nosa.
Longa vida ao heroe grego