EL SILENCIO DE HAMELIN

  • Infantil
DATOS BÁSICOS

TEATRO XESTUAL E MONICREQUES

Que pasaría se no conto do famoso frautista houbese unha nena xorda?

Clara e Bruno son irmáns. Son dous dos nenos que viviron o acontecido na cidade de Hamelin.

Agora, que xa son maiores, un estraño personaxe pídelles contalo de novo. Ás veces é necesario volver ao pasado para poñer as cousas no seu lugar.

Obxectos, palabras, linguaxe de signos, un DJ particular… e as vantaxes de ter desvantaxes. Un espectáculo sobre as outras habilidades, sobre cousas que non se din… e que acaban por saír á superficie.

A través da xordeira de Clara queremos  resaltar os silencios que están ocultos no noso mundo.

Un mundo ruidoso e alto, pero cheo de cousas que non se din, feitos que se esconden, persoas que falan sen dicir nada... e as persoas que oen, pero que non queren escoitar.

Espectáculo recomendado pola Rede Española de Teatros.

Premio FETÉN 2018 á mellor proposta de inclusión.

PREZOS

Prezos:

*Tarifa abonad@s: 6.65€

*Tarifa público xeral: 9.50€

*Tarifa reducida: 6.65€ (con Carné Xove ou de estudante (ata 24 anos), desempregad@s)

*Tarifa nen@s: 5.50€ (menores de 14 anos)

 

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do mércores 21 de agosto.

***A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

+info 981 102 897

 

FICHA ARTÍSTICA

Autoría:                        Jordi Palet Puig

Dirección:                     Jordi Palet

Intérpretes:                   Olalla Moreno, Jordi Farrés, Pep Farrés

Adaptación:                  Jordi Palet e  Farrés Brothers

Escenografía:               Alfred Casas

Vestiario:                      Flavia Onofre das Neves

Música:                         Jordi Riera

Iluminación:                   Jordi Llongueras

Son:                               Jordi Llongueras