EL FANTASMA DE LA ÓPERA

  • Teatro
  • Musical
DATOS BÁSICOS

EL FANTASMA DE LA OPERA. EL TRIBUTO MUSICAL

El Musical de El Fantasma de la ópera estreouse en Londres en 1986 e en Broadway en 1988, mantendo as súas representacións ata a actualidade, sendo o musical máis lonxevo da historia e o segundo en número de espectadores (tras O Rey León). O musical baséase na novela homónima de 1908. En España, o Musical estivo na Gran Vía de Madrid entre 2002 e 2004. Agora 20 anos despois, a Compañía Onbeat fai unha adaptación do musical para convertelo nun tributo próximo a todos os públicos, onde a lírica dáse a man con outros estilos e onde o drama mestúrase coa comedia.

Todo arrinca na poxa dos restos do pasado na Ópera de París, cada elemento lembra a lenda que conta que nas catacumbas do edificio viviu unha pantasma... que, en realidade, foi un neno recuperado dun circo, criado e educado ás agachadas para non ser descuberto e que era un virtuoso da música. Unha vez creceu, namorouse de Cristine, cantante do coro da Ópera de París, así que decidiu facer todas as trampas posibles escondido no seu anonimato para que a figura principal declinase o seu posto en favor da súa amada, que era a única que coñecía da súa existencia, xunto á súa criadora. Pero a chegada de Raúl, un mozo adiñeirado amante das artes e que será o novo propietario do edificio, cambiará a historia ao gañarse o corazón de Cristine e espertar a ira da Pantasma, que terminará sendo perseguido no momento no que Cristine elixe a Raúl. Esa lenda será contada e coñecida como antes nunca se fixo en El Fantasma de la Ópera, o Tributo Musical da Compañía Onbeat.

PREZOS

2024-01-28 - 19:00:

  • Patio xeral: 22,00 €
  • Abonado Patio xeral: 22,00 €
  • Planta1: 20,00 €
  • Abonado Planta1: 20,00 €
  • Planta2: 18,00 €
  • Abonado Planta2: 18,00 €