O Ballet Nacional Ruso fúndase en 1989 , cando o lendario solista do Teatro Bolshoi de Moscova, Sergei Radchenko tenta realizar a súa visión dunha compañía que reunise aos elementos máis clásicos das grandes compañías de Ballet Kirov e Bolshoi nunha nova compañía de ballet independente dentro do marco do ballet cásico ruso. Os principais bailaríns de toda Rusia forxan baixo dirección de Radchenko unha emocionante compañía escenificando novas produccións de clásicos atemporais como Giselle , Don Quixote, Paquita e Carmen. Dende os seus inicios, o Ballet Nacional Ruso completou numerosas xiras por Europa, con extraordinarias recepcións en Italia, Francia, España, Alemaña, Países Baixos, ademais de Reino Unido, incluíndo numerosas representacións no famoso Coliseo de Londres.
A compañía realiza , ademáis, xiras por todo o mundo , destacando as realizadas con gran éxito por Turquía (no Festival de Istambul), Grecia (Festival de Atenas), Xapón, Corea, Singapur e Hong Kong, baixo a dirección de Sergei Radchenko, o Russian National Ballet continúa ampliando o seu repertorio.