EL CAMINO A LA MECA

  • Teatro
  • Contemporáneo
DATOS BÁSICOS

EL CAMINO A LA MECA - TEATRO CONTEMPORÁNEO - CASTELÁN

Esta historia fala sobre os desafíos da arte, a liberdade individual e o choque entre as expectativas sociais e a autorrealización.

Camino a la Meca inspírase nunha muller real, Helen Martins, que se rebelou contra todos os estamentos da súa época. Un ser que persegue o desexo, a luz da inspiración que non corresponde a ningunha idade nin a ningunha xeración. Alguén que prefire as preguntas ás certezas, que valora a súa liberdade e a súa autonomía enfrontándose ao seu tempo e ao mundo que a rodea.

Unha muller que creou un xardín extraordinario, cheo de escultura e obxectos de vidro, que é coñecido como El Camino a La Meca.

Aínda que nunca viaxou á Meca, a súa obra reflectía o seu anhelo espiritual e a súa procura de significado, simbolizada pola idea do "camiño" cara a un lugar sacro.

Unha fonda reflexión sobre o illamento, a loita interna e o conflito entre conformarse coas expectativas da sociedade ou seguir os propios soños e desexos.

PREZOS

2025-10-17 - 20:30:

  • Abonados e tarifa reducida: 12,60 €
  • Público xeral: 18,00 €

2025-10-18 - 20:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 12,60 €
  • Público xeral: 18,00 €
FICHA ARTÍSTICA

Elenco: Lola Herrera, Natalia Dicenta, Carlos Olalla

Autor: Athol Fugard

Versión: Claudio Tolcachir

Escenografía: Alessio Meloni

Vestiario: Pablo Menor

Iluminación: Juan Gómez-Cornejo

Axudante de dirección: María García de Oteyza

Técnico de son: Félix Botana

Técnico de iluminación: Javier Gómiz

Maquinista: Alfonso Peña

Perruquería e xastrería: Gema Moreno

Deseño de cartel: David Sueiro

Fotografía de cartel: Daniel Dicenta

Xefe de produción: Juan Pedro Campoy

Axudante de produción: Estela Ferrándiz

Xefe técnico: Ignacio Huerta

Dirección: Claudio Tolcachir