DON RAMÓN MARÍA DEL VALLE - INCLÁN

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

DON RAMÓN MARÍA DEL VALLE - INCLÁN - FESTIVAL SINGULAR

Esta é a historia dun momento onde escribir e vivir podían aínda conxugarse sinónimamente. Hai escritores que deciden selo para ensinarnos un virtuosismo, para ensinarnos unha forma de tecer con sílabas, palabras, acústicas ou formas de mirar, e hai outros que primeiro necesitan vivir un berro interior e, despois de vivilo, saben tecer con palabras esa vivencia.

Esta é a historia dun Madrid que xa non existe, un Madrid que naceu no cambio de século despois da perda dunha guerra, dunhas colonias, da perda dunha esperanza, dunha forma de entenderse no mundo. Un Madrid que se empeza a construír co desastre de Cuba, Filipinas e Porto Rico e que se desvanecerá con outra guerra, a do 36.

Esta tamén é a historia da bohemia, das vangardas, da pintura, da música e de, como os medios de comunicación, de masas que chegan á nosa cultura para non irse xamais.

É a historia dunha mirada. A mirada atopa unhas palabras e esas palabras buscan un eco na vida e a obra de Don Ramón María del Valle-Inclán. É un diálogo, un diálogo entre ecos, un diálogo pantasmagórico, un diálogo desde as ausencias. É unha reflexión sobre a validez da literatura para entender a vida. É a literatura como columna vertebral dunha vida.

É un espectáculo que nos ten que facer intuír, entender, sintonizar, vibrar, sentir os ecos dunha época impresionante, dunha época onde a arte e a vida dábanse a man. Quizá esa época volva estar viva entre nós.

 

Un espectáculo de Xavier Albertí 

PREZOS

2024-03-23 - 20:00:

  • Abonados: 9,80 €
  • Desempregado - carné xove ou estudante ( ata 25 anos ): 9,80 €
  • Público xeral: 14,00 €
FICHA ARTÍSTICA

Intérpretes: Pedro Casablanc y Mario Molina (piano)

Selección musical: Xavier Albertí 

Deseño de iluminación: Juan Gómez-Cornejo 

Axudante de dirección: Jorge Gonzalo 

Fotografía: Javier Naval 

Unha coprodución de Teatro Español e Bravo Teatro