DON QUIJOTE SOMOS TODOS

DATOS BÁSICOS

COMEDIA

“Don Quijote somos todos” narra os esforzos dun pobo manchego, de cuxo nome ninguén se acorda, por non desaparecer para sempre. Abandonado no medio da España baleira, con malas comunicacións e escasos servizos, o seu único patrimonio está no seu pasado: ser o berce do máis famoso cabaleiro andante, o enxeñoso don Quixote da Mancha.

A aparente intención do Goberno de construír un Parador Nacional de Turismo abre unha xanela de esperanza para o pobo, que se lanza a loitar por ser o lugar elixido para a súa construción. De natural escéptico, con forte tendencia á ironía e a certo grao de tolemia, o pobo enteiro decide armarse cabaleiro andante e, facendo honra á memoria do seu ilustre antepasado, pelexar contra os xigantes que o ameazan e alcanzar a gloria con todos os merecementos posibles.

Episodios como os muíños de vento, os galeotes ou a cova de Montesinos adquiren na nosa proposta unha nova perspectiva, alumando unha reflexión mordaz e sen prexuízos sobre o noso propio quixotismo patrio.

 

PREZOS

*Prezos:

-Abonad@s: 6.65€

-Público xeral: 9.50€

-Tarifa reducida: 6.65€ - para desempregad@s, con Carné Xove ou de Estudante (ata 24 anos), menores de 14 anos

*A venda de entradas con tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón, coa debida documentación.

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do 28 de decembro.

+info 981 102 897

 

FICHA ARTÍSTICA

Carlos Martín:                    DUQUE - Alcalde, Quijote, cabeza parlante.

José Luis Esteban             JERÓNIMO - Cura, Quijote.

Minerva Arbués               MARCELA - Maestra, Quijote.

Irene Alquezar  LORENZA - Ganadera, Sancho, Dulcinea.

Francisco Fraguas             NICOLÁS - Médico, Caballero del Bosque, Crisóstomo, Sancho.

Félix Martín                        PALOMEQUE - Ventero, Sancho, Dulcinea. 

Gonzalo Alonso ANDRÉS (músico en directo)

Dirección: Carlos Martín

Texto: José Luis Esteban

Producción: María López Insausti

Coordinación técnica: Alfonso Plou

Música: Gonzalo Alonso

Escenografía: Tomás Ruata

Iluminación: Tatoño Perales

Vestiario: Ana Sanagustín

Fotografía: Marcos Cebrián

Equipo de producción: Pilar Mayor e Alba Moliner