Traxicomedia contemporánea
Unha historia en catro voces, as de catro mulleres que incapaces de emfrontarse aos seus problemas cara a cara, prefiren confesarse a través dun contestador automático.
Mariña, Carmela, Sara e Viviana utilizarán unha caixa de correos de voz como terapia para tentar entenderse a si mesmas e conseguir que as comprendan os demais.
Cada unha ten unha historia, que mensaxe a mensaxe, vaise debuxando a través de numerosos claroscuros, conformando unha colección de relatos íntimos, que ás veces resultan divertidos, outras sumamente intelixentes, case sempre emocionantes,e ás veces tamén devastadores.
"Deje su mensaje después de la señal" á unha mirada intelixente, conmovedora e chea de humor sobre o amor, a soidade e a comunicación nos tempos do móbil.