Con recurso á voz, ao corpo e mais á música, preténdese dar eco á palabra poética na lingua na que foi creada; e, compartíndoa deste xeito, abrir un espazo para a comunicación da emoción, reflexión e beleza, sen renunciar á presenza puntual do humor.
Desde o eido da poesía aparecen e ocupan o seu lugar o amor, a relación coa terra e a paisaxe, co campo e coa cidade; a loita social, a igualdade de xénero, a dura travesía dos expatriados; a guerra....; cuestións que esixen ser abordadas desde o horizonte de Galicia e da lingua galega.
Nesta intensa e emotiva viaxe acompáñanos a palabra de vinte e un poetas:
Uxío Novoneyra / Marta Dacosta / Omar Kayyám-P.Castro / Xosé Luís Méndez Ferrín / Fiz Vergara Vilariño / Olalla Cociña / Inma L.Silva / E. Blanco Amor / Salvador García Bodaño / Manolo Rivas / Pilar Pallarés / Luísa Villalta / Sophia de Mello / Eduard Velasco / Xúlio L. Valcárcel / Antía Otero / Eva Veiga / Antón Avilés de Taramancos / Álvaro Cunqueiro / Miguel Anxo Fernán Vello / Xosé Mª Álvarez Cáccamo