DANZA INTERIOR

  • Danza
  • Tradicional
DATOS BÁSICOS

MÚSICA E DANZA POPULAR

Que é Pesdelán?
Pesdelán é moito máis que un grupo de música. Mediante á música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao público, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición físoca ou experiencia. Os espectáculos teñen unha duración aproximada de unha hora e están dirixidos a todolos públicos.

Algúnd datos relevantes:
-Pesdelán propón un lecer diferente ao redor do baile para todos os públicos.
-Levan vendudas máis de 40.000 copias do seu primeiro disco "Na punta do pé".
-Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante.
-Disposto a recuperar a cultura participativa das festas, este curioso grupo de músicos pretende non descansar ata poñernos a todos a bailar.
-Pesdelán ten un obxetivo moi claro: que o público baile!
Unha das integrantes do grupo animaranos a seguir os seus pasos, que nos explicará de forma sinxela e amena, para que todos e todas podamos unirnos á festa. Acompáñana un grupo de grandes músicos e músicas que interpretarán as melodías para podelas bailar. O tempo pasará sen darnos conta mentras gozamos, rimos, bailamos e coñecemos as e os nosos novos compañeiros de baile.

PREZOS

Prezos:
ABONADOS:  6,65 € 
PÚBLICO XERAL: 9,50 € 
 

*A venda a tarifa reducida farase unicamenta a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897