CURVA ESPAÑA

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

TEATRO DOCUMENTO

Chévere leva ao teatro a historia da Curva España, un lugar na antiga estrada de Ourense onde o enxeñeiro José Fernández España morreu en 1927 cando deseñaba a liña ferroviaria entre Puebla de Sanabria e Ourense.

Tras a súa morte, elixiuse unha ruta alternativa que atravesaba a zona máis montañosa e deshabitada da provincia galega, cun enorme custo económico e humano, prolongando o atraso e illamento de grandes áreas de Galicia. 100 anos despois pasou o mesmo de novo co AVE.

Do enxeñeiro España algúns din que o mataron por intereses contrarios ao trazado do tren e outros que foi un accidente.

Na orixe deste novo proceso creativo de Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014), converxen varias fontes de inspiración. En primeiro lugar, as moitas cousas que están a suceder no mundo e como debemos contalas, escoitalas, cuestionalas, fortalecelas ou rexeitalas.

As alternativas infernais son esas falsas dicotomías nas que nada se escolle realmente a pesar da súa lóxica aparentemente esmagadora: detemos  a inmigración ou quedamos sen asistencia social? Fabricamos e vendemos armas ás ditaduras ou perdemos emprego?

PREZOS

Prezos:

*Tarifa abonad@s: 6.65€

*Tarifa público xeral: 9.50€

*Tarifa reducida: 6.65€ (con Carné Xove ou de estudante (ata 24 anos), desempregad@s)

 

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do mércores 21 de agosto.

***A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

+info 981 102 897

FICHA ARTÍSTICA

Idea e creación: Chévere

En escena: Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira

Dramaturxia e posta en escena: Xron

Produción: Chévere