CRÓNICA DUNHA HETEROSEXUAL INSATISFEITA

DATOS BÁSICOS

CRÓNICA DUNHA HETEROSEXUAL INSATISFEITA

Crónica dunha heterosexual insatisfeita convídanos a reflexionar sobre normas ou parámetros preestablecidos que facemos propios sen pensar se hai unha opción diferente que teña máis que ver con nós mesmas. Aborda temas como a sexualidade, a parella, os soños e as frustracións, os desexos e as fantasías dunha muller que se anima a probar algo diferente, a ser da maneira máis completa e diversa posible reivindicando o seu dereito ao pracer. En tanto creación artística, a intención é poñer luz sobre iso que está oculto, conmover e xerar espazos para a reflexión coa contundente ferramenta do humor.

SINOPSE:

Unha muller absolutamente común, desas que saben que non aparecerán xamais en ningún libro de historia, descobre que se está a facer vella, e que se non muda algunha cousa vai morrer conxelada. Decide entón, concretar unha das súas fantasías e convidarnos para que sexamos testemuñas do seu gran momento. Esta será en principio, a reconstrución dunha viaxe cara a dentro, para recoñecer cales son os seus desexos e as súas motivacións nunha etapa de balances vitais; pero logo verémola transformarse, como unha eiruga que despois dun tempo no seu casulo renace bolboreta e se bota a voar, espléndida, por primeira vez.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA
Prezos: 
Público xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENDA DE ABONADOS ATÉ O 28 DE DECEMBRO INCLUSIVE

VENTA AO PÚBLICO XERAL A PARTIRES DO 29 DE DECEMBRO DE 2020

+ INFO 981 102 897

Funcións: 
Venres, 19 de Marzo de 2021 20:30