NARACIÓN ORAL, TEATRO DE OBXECTOS E MÚSICA
Con fío, agulla e dedal enfíame un conto xa! 
 
Comezamos a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, coplas, cancións en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan. 
 
Contos tan antigos como o oficio da costura. Puntada a puntada percorreremos mundos onde os fíos falan, as caixas de costura abren as portas da fantasía e os bastidores de bordar son ventás onde asomarse a historias prohibidas. 
 
Neste espectáculo atoparemos narración oral, música, teatro de obxectos e pezas enlazadas polas coplas do Cancioneiro da Agulla. Unha homenaxe ás mulleres de mans sabias que foron as primeiras narradoras e transmisoras de coñecemento.
 
 
Interpretación: Marta Ortiz