CORENTENA - SHOW DE XOSÉ A.TOURIÑAN E DAVID PERDOMO
Durante os meses de confinamento de 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a chatear en directo a través de Instagram. Esas noites improvisaron diferentes personaxes e interactuaron cos espectadores que sintonizaron estes vídeos en vivo. Agora, e baixo o título de 'Corentena', dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público, trasladando ás salas a frescura daquelas noites de comedia.
En 'Corentena', os dous humoristas rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles espectáculos, recreando de forma artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e nacen tamén novas historias nun espectáculo no que prima a improvisación e a complicidade co público. son os protagonistas.