Tanxugueiras incrementa a revolucións do folk galego. Co seu disco de debut e un repertorio escollido para amosar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras.
Unha aposta sen corsés,enchida de virtuosismo e contundencia que continúa no seu segundo traballo: "Contrapunto". Un disco que incide na recuperación da tradición das pandereteiras e a integran con harmonías de diferentes estilos e situará a música galega en novos escenarios.
Tanxugueiras son renovación, reinterpretación e revolución para a tradición musical de Galicia.