CONTACREQUES é un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido a un público comprendido entre os 3 e 7 anos.
É unha peza de creación propia con textos de Ricardo Combi, baseados nos contos clásicos:
O REISEÑOR: na remota China, o canto dun paxaro revélalle o goce de vivir a un emperador. GARVANCIÑO: as peripecias dun minúsculo personaxe nun mundo de "xigantes". O ZAPATEIRO E OS TRASNOS: a maxia dun Zapatrasno que é quen de transformar a realidade.
*Prezos:
-Abonad@s: 6.65€
-Público xeral: 9.50€
-Tarifa reducida: 6.65€ - para desempregad@s, con Carné Xoven ou de Estudante (ata 24 anos)
-Tarifa nen@s: 5.50€ - menores de 14 anos
*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando debida documentación.
**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do 28 de decembro.
+info 981 102 897
Autor Ricardo Combi Dirección Álex Díaz Adaptación Sandra Romarís Escenografía Javi Tirado Deseño son Fran Lasuen Deseño iluminación Alex Díaz Vestiario Mari Seoane Música Santiago Ramos, Fran Lasuen
Elenco artístico Rocío González, Rocío Salgado