CONCERTO MIGUEL LAMAS E ARDORA

DATOS BÁSICOS

CONCERTO MIGUEL LAMAS E ARDORA

Tras máis de 25 anos de carreira e despois de tocar por unha infinidade de países con bandas e artistas de todo tipo, o músico galego Miguel Lambas (Ferrol, 1993) decide neste novo proxecto fusionar o mellor da música afro jazz, brasileira ou africana, con "recolleitas" tradicionais da música popular galega.

As "recolleitas" son melodías e letras de tradición oral que se cantaban no momento de labranza nos pobos. Son cánticos cargados de emoción, nos que se expresan alegrías, perdas, amores... compostas de maneira espontánea en galego tradicional e que perduran no tempo grazas ao labor de múltiples musicólogos e estudosos da tradición oral.

En “Ardora”, estas melodías forman a base dunha música totalmente novidosa, na que a fusión é a clave fundamental, ademais da riqueza harmónica e, especialmente, rítmica.

Miguel Lamas (Ferrol, 1993). Empeza a tocar a batería con tan só cinco anos empezou a asistir a clases de teoría da música e batería. Traballou con artistas e bandas como Abraham Mateo, Raimundo Amador, Ou'FunkiIlo, David Bustamante, Soraya Arnelas, Lérica, Miguel Ríos, Andrés Suárez, Tomasito, Juanito Makandé, A Susi, Pepe Bao, Canijo de Xerez, Santiago Campillo, Carlos Segarra, Lin Cortés, Rafa Kas, Dean Bowman, Raynald Colom, Pablo Bicho, Dany Noel, Brothers in Band, Bellón Maceiras Quintet, Julie Guravich & Telespoting, tanto en vivo como en estudo, traballando tamén como produtor nalgúns dos álbums, así como en proxectos persoais como o trío de jazz fusión "1045" con Iago Mouriño e Octavio Vargas. Traballou como produtor, realizando o primeiro disco de Olaya Alcázar: ''Aquela Vez Que Decidín..." e o seu primeiro disco en solitario “Melted Lives” onde gravaron artistas como Tom Kennedy, Jorge Vistel, Gergo Borlai, Andreas Lutz... Actualmente traballa co seu propio proxecto, Miguel Lambas & Ardora, tocando en festivais de lugares de toda Europa, e tamén tocando en festivais de batería e facendo clinics en todo o mundo.

PREZOS

2023-11-03 - 20:30:

  • Abonados: 6,65 €
  • Público xeral: 9,50 €
  • Desempregados - carné xove ou estudante ( ata 25 anos ): 6,65 €
FICHA ARTÍSTICA

Jorge Beira (Chile) - piano, teclados.

Jurandir Santana (Brasil) - guitarra, voz.

Dany Noel (Cuba) - baixo, voz.

Miguel Vázquez (A Coruña, España)

Irene de Lema (Madrid, España)