CONCERTO MÚSICA ANTIGA

DATOS BÁSICOS

CONCERTO DE MÚSICA ANTIGA -BEN VENNAS MAIO

Ben Vennas Maio”, de Pablo Sanmamed, é unha viaxe ás Cantigas de Alfonso X a través de dúas linguaxes que se atopan: o da música medieval e o jazz. Editado por aCentral Folque en formato vinilo, nesta obra a música conflúe con outras dúas propostas artísticas: as que ofrecen as fotografías de Eutropio Rodríguez e a creación literaria de Alba Cid. Música, texto e fotografía mostran a súa entidade mentres se discuten os temas centrais de "Ben Vennas Maio": cancións, maio, primavera, mulleres.
Para este proxecto, o contrabajista e compositor galego Pablo Sanmamed conta con músicos de renome internacional como Begoña Olavide (salterio e voz), Elena Tarrats (voz), Xurxo Varela (viola de gamba), Iago Mourinho (piano), Chus Pazos (batería) e Carlos Castro (percusións).

 

PREZOS

2023-03-23 - 20:30:

  • ENTRADA DE BALDE: 0,00 €