Historia ambientada nun pequeno taller de construción de xoguetes que está a piques de pechar por falta de traballo.
O dono un artesán quen fabricaba todo o que alí había, un home moi maior triste e preocupado porque non ten quen siga con esta tradición familiar artesanal.
Pero a minutos da hora de peche aparecerá un neno quen vén por un encargo moi especial: a construción dun xoguete de grandes dimensións e cun tempo moi limitado para a execución deste proxecto.
Aquí comeza esta gran aventura onde hai que desvelar o obxectivo desta creación onde o traballo en equipo é esencial, onde todo o imposible debe facerse posible.
Unha historia onde a colaboración é o eixo central. Amor e traballo en conxunto son o os ingredientes para esta gran construción de dimensións máxicas.