CINCO HORAS CON MARIO

DATOS BÁSICOS

TEATRO DE TEXTO - A PARTIR DE 14 ANOS

IDIOMA: CASTELÁN

Estamos en marzo de 1966. Carmen Sotillo vén de perder o seu marido Mario de forma inesperada. Unha vez que as visitas e a familia marchan, ela soa vela durante a última noite o cadáver do seu marido e inicia con el un monólogo–diálogo no que descubrimos as súas personalidades e os conflitos do seu matrimonio. Cunha forma entrecortada, detallista ao mínimo, reiterativa e chea de tópicos, Carmen Sotillo di cousas, manifesta sentimentos e emite xuízos que a moitas persoas hoxe lles poden parecer incribles. Pero damos fe de que esa linguaxe existía, de que eses xuízos se emitían, de que esas “cousas” de Carmen estaban na vida de todos os días. “Cinco horas con Mario” é, entre outras moitas cousas, un documento vivo deses anos. Das preocupacións económicas, relixiosas, políticas, sexuais e morais entón imperantes que Delibes, a través da linguaxe do seu protagonista, deixou retratadas con nitidez, de forma que a vida española de entón chega a palpitar viva nas súas palabras. Pero, por riba de todo isto, “Cinco horas con Mario” fálanos dos asuntos eternos do ser humano: da culpa, da soidade, da incomunicación, do sentido da vida. Como sempre en Delibes partindo dun localismo concreto encarna nas súas persoaxes e nos seus conflitos as realidades máis profundas e complexas que condicionan a nosa vida.

Xénero: 
  • Teatro
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA E 25 MIN
Prezos: 
Público xeral:16,00 € Abonados/desempregados/carné xove ou estudante (ata 25 anos): 11,20 €
Información da billeteira: 

PERIODO EXCLUSIVO  ABONADOS ATA O 27 DE FEBREIRO

+ INFO981 102 897

Funcións: 
Sábado, 11 de Maio de 2019 20:00
cartel-cinco-horas-con-mario-255x361.jpg