A CINCENTA QUE NON QUERÍA COMER PERDICES

  • Teatro
  • Contemporáneo
DATOS BÁSICOS

A CINCENTA QUE NON QUERÍA COMER PERDICES - TEATRO CONTEMPORÁNEO - GALEGO

OBXECTIVOS: Promover a igualdade de xénero e previr condutas de violencia machista. Fomentar as relacións afectivas sas e responsables.

Este conto podería comezar dicindo: “Unha vez había unha moza que non estaba soa e unhas perdices que voaban felices”, pero non. Esta historia, escrita por Nunila López Salamero, fálanos dunha moza perdida que pretende desmontar os falsos mitos ao redor do amor romántico. Fálanos de tantas historias de princesas liberadas por príncipes azuis que, en demasiados casos, saen ras.

“A cincenta que non quería comer perdices” é un conto moderno para nenos/as? que revisa con humor o papel que desempeñou a muller durante moito tempo.

É un alegato que defende a liberdade de ser quen unha queira ser e como unha queira ser.

Esta peza pon en cuestión o papel que xogaron na historia os contos de fadas nos que se acaba por promover o rol das nenas como entes pasivos agardando a que lles pidan a man. “A cincenta que non quería comer perdices” fala de temas tan de actualidade como a violencia de xénero, que segue sendo un problema entre os máis novos.

PREZOS

2025-05-17 - 20:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 6,65 €
  • Menores de 14 anos: 5,50 €
  • Público xeral: 9,50 €
FICHA ARTÍSTICA

Autora: Nunila López Salamero

Dirección: Fina Calleja / Adaptación: Fina Calleja

Escenografía: AMENOSDE7METROS / Iris Blanco

Deseño son: Renata Codda Fons

Deseño iluminación: Baltasar Patiño

Vestiario: SARABELA TEATRO

Música: Renata Codda Fons / Coreografía: Rut Balbís

Elenco artístico: Elena Seijo - Sabela Gago - Fernando Dacosta