CHRISTIANE

DATOS BÁSICOS

TEATRO UNIPERSONAL - MUSICAL

Christiane. Un bio-musical científico é a vida de Christiane Dosne Pasqualini, unha figura fundamental a nivel internacional na investigación da leucemia. Christiane somérxenos na viaxe da súa protagonista, quen, cal amazona salvaxe, chega á Pampa arxentina en 1942, con bolsa, para sumarse ás filas do Premio Nobel, Bernardo Houssay. A súa paixón polos ratos de laboratorio e a súa vida, que atravesa boa parte do século XX, son dun vigor e dunha humanidade apaixonantes. Muller, científica, nai, esposa, Christiane. Un bio-musical científico é unha grande escusa para coñecer a unha muller única.

 

Ficha Artística:

Intepretación e dramaturxía: Belén Pasqualini

Dirección musical e Música orixinal:  Belén Pasqualini (agás “Smoke gets in your eyes” de Harbach/Kern)

Deseño de iluminación:  Martin Fernández Paponi, Claudio Del Bianco

Ilustración e arte: Sofía Esparza

Fotografía: Angelo Bendrame

Deseño gráfico: Mery Pastore Camino

Dirección: Belén Pasqualini

PREZOS

2023-03-11 - 20:00:

  • ABONADOS: 8,40 €
  • PÚBLICO XERAL: 12,00 €
  • REDUCIDA: 8,40 €

FESTIVAL SINGULAR