CHOLA, A IT GIRL

DATOS BÁSICOS

CHOLA, A IT GIRL

Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ao máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, que nos gusta, que nos divirte... e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos. Para todo isto, axudarase de vídeos exclusivos, proxectados con técnica de videomapping, desafíos en vivo, consellos automobilísticos e unha gran dose musical. Cando parece que o show envolve a escena revélase, nun descoido de Chola no medio do show, un cadaleito que sae do maleteiro do coche, no que está o cadáver de Lito. A través dun diálogo Chola deixa entrever ao público outro traballo non tan glamuroso. E é a partir de aquí onde Chola revela a súa connotación de It girl con inxenio, humor e personalidade reflexando a súa realidade imperfecta, que está fora dos canons da imaxe actual da felicidade e do que debería ter éxito virtual. Manifestando a importancia da sabedoría popular e do uso das nova tecnoloxías a través das diversas situacións nas que se pode ver unha muller adiantada respecto ao tempo e á sociedade rural na que vive, polo seu inconformismo, talento, forza, e personalidade, pero tamén pola súa busca incansable de posibilidades para cultivarse e aprender, e pola súa teima e constancia por fuxir dos canons actuais do que debería ser unha muller tendencia.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA E 15 MIN
Prezos: 
Público Xeral 9.50€ / Tarifa reducida 6.65€ / Tarifa Nen@s 5.50€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENDA DE ABONADOS ATÉ O 28 DE DECEMBRO INCLUSIVE

VENTA AO PÚBLICO XERAL A PARTIRES DO 29 DE DECEMBRO DE 2020

+ INFO 981 102 897

Funcións: 
Venres, 26 de Marzo de 2021 20:30