CEIBE

  • Danza
  • Tradicional
DATOS BÁSICOS

CEIBE

Ceibe é unha obra de baile e música tradicional de Fran Sieira Compañía de Danza de 60 minutos de duración que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición. Conta cun elenco de 8 bailadoras e bailadores. Na dirección, Sergio R. Suárez.

Ceibe traballa sobre o xénero e as súas formas de operar en diferentes ámbitos da cotidianidade, incluíndo unha manifestación cultural tan  importante como o baile tradicional. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente para establecer distancia coa normalidade e arrastrala cara as marxes e desde ahí plantexar e construir novas formas de entender o corpo e o movemento. Cuestiona, por tanto, as identidades de xénero normativas e hexemónicas para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.

Na codirección artística Fran Sieira e o experto en cuestións LGTBIQ+ e danza, o bailarín Sergio R. Suárez. Acompañándoos como asesoras de dirección artística contarase co Colectivo VACAburra formado por Andrea Quintana e Gena Baamonde.

O deseño do espazo escénico será de Laura R. Iturralde e a iluminación de Fidel Vázquez.  A composición musical da man de MounQup ( Camille Hedouin ) e espazo sonoro correrá a cargo de Isaac Millán, onde se traballará en escena con sons en directo.

PREZOS

2024-04-27 - 20:00:

  • Abonados: 6,65 €
  • Desempregado -carné xove ou estudante ( ata 25 anos ): 6,65 €
  • Público xeral: 9,50 €
FICHA ARTÍSTICA

Autor                                 Francisco Sieira González

Dirección                          Sergio R. Suárez e Francisco Sieira González

Adaptación                       Francisco Sieira González

Escenografía                     Laura Iturralde

Deseño son                       Isaac Millán Lledo

Deseño iluminación         Fidel Vázquez Díaz

Música                               Camille Hedouin

Coreografía                       Francisco Sieira González

 

BAILADORAS/ES: Cristina Canosa Prado, Aida Tarrío Torrado, Adela Otero Vázquez, Sabela Domínguez Pérez, Artur Pastoriza Puga,  José Adrián Casal Sío, María Montero Precedo, Martín Mondragón Rivadulla, André Adrio Rodríguez e Patricia Sánchez Seoane.