AS CATEDRAIS SILENCIADAS

  • Música
  • Folk
DATOS BÁSICOS

AS CATEDRAIS SILENCIADAS - XABIER DÍAZ & AS ADUFEIRAS DE SALITRE

As Catedrais Silenciadas é o terceiro álbum do músico Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre, quizais a obra que mellor reflicte a esencia do seu encontro e, tamén, a que explora os límites deste formato con maior profundidade. Este último traballo actualiza diferentes tipos de formas musicais: hai pasodobres como No Salón das Cereixas, xotas como Illas de Sal, alalás como o tema que da título ao disco, ribeiranas como Tentenublo e muiñeiras e agarrados como o de Vilar de Cabeiras 2.0.

O disco está a colleitar os mellores datos históricos para o proxecto: tres meses consecutivos no Top Ten do World Music Charts Europe e entrada na sección Top of the World da prestixiosa revista Songlines (número de agostosetembro). Nela, os editores escollen os 10 mellores discos de cada mes en todo o mundo. A Transglobal World Music Charts, unha das listas máis prestixiosas, incluiu As Catedrais Silenciadas no seu ránking de mellores discos 2020-2021: no número 28 do mundo e no número 1 da península ibérica.

Trátase dunha escolma feita pola WMCE, a lista de música global máis prestixiosa do mundo, feita por críticos de máis dunha vintena de países. Na plataforma de venda online Amazon España, á súa publicación posicionouse no primeiro posto de vendas na categoría de álbumes de música folk, mentres que chegou a acadar o décimo segundo posto na lista de discos xeral. No eido dixital, os números avalan o impacto dixital e en redes da música de Xabier Díaz, máis de 11.000 ointes mensuales en Spotify, 13.000 subscriptores na súa canle de youtube, 32.000 seguidores no sitio oficial de Facebook ou 19.000 en Instagram.

Con dez músicos sobre o escenario, o show de Xabier Díaz é sempre impactante e moi emocional. Disto encárganse, ademais do propio músico, as Adufeiras de Salitre que o acompañan nas voces e percusións. Non é menos importante a calidade instrumental de Iván Costa na zanfona e de Roberto Grandal no acordeón.

PREZOS

2023-11-24 - 20:30:

  • Abonados: 6,65 €
  • Público xeral: 9,50 €
  • Desempregados - carné xove ou estudante ( ata 25 anos ): 6,65 €