MÚSICA FOLK TRADICIONAL GALEGO
As Catedrais Silenciadas é o terceiro álbum do músico Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre, quizais a obra que mellor reflicte a esencia do seu encontro e probablemente a que explora os límites deste formato con máis profundidade.
Chega logo dunha extensa xira por máis de 13 países e 200 concertos.
O título é un berro de alerta ante o progresivo despoboamento do rural e a perda identitaria que isto implica: a desaparición da cultura que temos e que fundamenta a nosa diferenza no mundo.