Na súa longa lista de textos humorísticos que escribiu Antón Chéjov (co pseudónimo Antosha Chejonte que usou durante a súa mocidade) o autor, dotado dunha ilimitada capacidade de comprensión e unha inmensa piedade, converteu en protagonistas a uns pobres diaños que ata entón só serviran de coro e paisaxe de fondo doutros personaxes moito máis poderosos; a moitísimos homes, mulleres, nenos e ata animais, cada un deles coas súas pobrezas e os seus heroísmos, as súas covardías, as súas avaricias, as súas ansiedades, as súas enfermidades, as súas ilusións, as súas ridiculeces, as súas pequenas ousadías e os seus grandes arrepentimentos. E non en bloque, senón (oh, xenialidade) dun nun, como sen dúbida se merecían; é dicir, merecémonos. Deles (e de nós) trata esta obra.